Rowan

O mes pasado fun á Coruña a ver o Corner Rowan que abriron no corte inglés e como podedes ver viñen cargadiña...e despois de moito calcetar xa teño un xersei novo, quedome ben curriño...

Chaleque

Despois de desfacer varias veces a espalda e unha vez as dianteiras, por fin o rematei!!!. Esta foi unha labor desas que se che enrevesan e non hai forma de tirar para adiante... a verdade non sei o porqué, anque non seguín ningún patrón, tiña moi claro o que quería facer..., igual foi que como era fácil de facer non me tiña gracia sen complicalo...

Guantes


Estes son os Fetching da famosa deseñadora Cheryl Niamath, están feitos con lá merino 100% de Katia, quedaron ben curriños!! e como me sobrou lá fixen o pucho. O patrón está traducido no blog de MJ, merece a pena visitalo ten un montón de traduccións feitas.
Ahh!xa esquecía agradecer a "superfoto" a quen recibiu este regaliño, ela xa sabe...bicos

Rematados

Rematei os meus primeiros calcetíns, e como podedes ver xa os estrenei da mesma....

Visto o éxito xa estou a preparar o meu segundo par, anque aínda non me decidín por ningún patrón, ando como unha tola buscando no ravelry , é que hai tantos e todos son tan bonitiños que costa decidirse, definitivamente facianme falla polo menos outro par de mans para facer todo o que me gusta

Tentacións



Vin o modelo, toquei a lá e non puiden resistir a tentación de poñerme con esta chaqueta.

Cando fun á tenda só ía mercar a madeixa que me faltaba para rematar o chaleque que estaba facendo pero,........coma sempre.....non teño remedio. Vin a revista de Katia "especial hilos básicos" que por suposto merquei, foi abrir a primeira folla e alí estaba e, o resto xa vedes como vai... case rematada. Por certo o chaleque está gardadiño na bolsa esperando a que algún día me lembre de rematalo...


A lá é Merino soft color 15 un malva rosaceo moi ñoño, todo hai que dicilo, pero é tan suaviña...

Nas agullas

Coma sempre, ando con varios proxectos nas agullas, este chal é un deles, que dicir da lá noro que non esteña dito xa, as cores son incribles pero, fáltalle suavidade para o meu gusto, dende logo nunca faría uns calcetíns con esta lá . O patrón saqueino do ravelry (feather and fan comfort shawl) e a lá (noro kureyon socks nº188) merqueina na tenda de Ioulia. Por certo o envío foi moi rápido, non será a última vez que merque algo nesta tenda.

sal bienvenue


Como non estaba de abondo enredada apunteime neste sal, gústame moito este patrón e, a verdade, é divertido esto de bordar en grupo. Anque non é o primeiro no que me apuntei, empecei con un pequeniño que organizou Helen de bastidor blog, con un só obxectivo que é o acerico fashion que podedes ver na foto da 1ª entrada deste blog. E como me parecía pouco tamén me apuntei no sa Nell'aria que organiza a jovenpuntera no seu blog , tamén é precioso xa poñerei fotos cando remate o obxectivo.

Bolsos

Este bolso fíxeno no inverno pasado,está feito con lana sherpa de Katia, as asas fíxenas eu con con coiro de potro, fai 3 anos fixen un curso no que aprendín a facer varios trenzados, entre outras cousiñas...


Este outro está feito con lana missisipi de katia en diferentes cores, saquei o modelo do blog de Cécile,en modelos gratuitos, pincha aquí para ver este blog (merece a pena velo)

PRIMEIRO POST










Agora xa foi...xa teño blog para falar da miña gran afición: A CALCETA, e o punto de cruz, a costura, o encaixe de bolillos, o macramé, o fieltro....en fin, todo o que teña que ver con crear algo coas mans.