Tentacións



Vin o modelo, toquei a lá e non puiden resistir a tentación de poñerme con esta chaqueta.

Cando fun á tenda só ía mercar a madeixa que me faltaba para rematar o chaleque que estaba facendo pero,........coma sempre.....non teño remedio. Vin a revista de Katia "especial hilos básicos" que por suposto merquei, foi abrir a primeira folla e alí estaba e, o resto xa vedes como vai... case rematada. Por certo o chaleque está gardadiño na bolsa esperando a que algún día me lembre de rematalo...


A lá é Merino soft color 15 un malva rosaceo moi ñoño, todo hai que dicilo, pero é tan suaviña...

Nas agullas

Coma sempre, ando con varios proxectos nas agullas, este chal é un deles, que dicir da lá noro que non esteña dito xa, as cores son incribles pero, fáltalle suavidade para o meu gusto, dende logo nunca faría uns calcetíns con esta lá . O patrón saqueino do ravelry (feather and fan comfort shawl) e a lá (noro kureyon socks nº188) merqueina na tenda de Ioulia. Por certo o envío foi moi rápido, non será a última vez que merque algo nesta tenda.

sal bienvenue


Como non estaba de abondo enredada apunteime neste sal, gústame moito este patrón e, a verdade, é divertido esto de bordar en grupo. Anque non é o primeiro no que me apuntei, empecei con un pequeniño que organizou Helen de bastidor blog, con un só obxectivo que é o acerico fashion que podedes ver na foto da 1ª entrada deste blog. E como me parecía pouco tamén me apuntei no sa Nell'aria que organiza a jovenpuntera no seu blog , tamén é precioso xa poñerei fotos cando remate o obxectivo.

Bolsos

Este bolso fíxeno no inverno pasado,está feito con lana sherpa de Katia, as asas fíxenas eu con con coiro de potro, fai 3 anos fixen un curso no que aprendín a facer varios trenzados, entre outras cousiñas...


Este outro está feito con lana missisipi de katia en diferentes cores, saquei o modelo do blog de Cécile,en modelos gratuitos, pincha aquí para ver este blog (merece a pena velo)

PRIMEIRO POST










Agora xa foi...xa teño blog para falar da miña gran afición: A CALCETA, e o punto de cruz, a costura, o encaixe de bolillos, o macramé, o fieltro....en fin, todo o que teña que ver con crear algo coas mans.