Despois de tanto tempo sen publicar nada só me paso por aquí para comentarvos que decidín comezar un novo blogue, chámase Tecelandia por se vos queredes pasar por alí.
Spanish swap
Portafíos
Precisaba algo para ter os fíos de coser ordenados e acordouseme facer este ...

Agora está na casa de Alfanhui, gustoulle tanto que .... levouno!!!Como teño que facer outro para min e tivo tanto éxito en Ravelry decidín facer varios para vendelos...
Se queres un, ponte en contacto comigo en tecela31@yahoo.es
Unha nova chaqueta
Despois dun tempo sen poder coller as agullas, collinas con ganas....


é un deseño Cecily GLowik MacDonald e ven no fantástico libro New England knits (libro que merece a pena mercar...)
Tejo lo que hilo
Este é o nome dunha tenda on line de cousas para fiar, tinguir e tecer...
xa fixen varios pedidos pero quería ensinarvos o último...
fibra de merino tinguida nas cores do arco da vella, fibra de algodón en cor crua para tinguilo despois e un fuso... porque aspiro a tecer o que fío... anque non sei se será moito, vouno intentar...Eu teño un boton ton ton ...
Como cando eramos nenos e cantabamos aquelo de eu teño un botón ton ton...
e para ter onde colocalo fixen un xersei...é un deseño de Veera por certo que é unha deseñadora da que me ides oír falar moito .... ten uns deseños preciosos...
Ishbel


Un patrón de Ysolda ó que lle tiña moitas ganas, a verdade é que esta muller ten uns deseños moi chulos...A la é Holst garn unha la danesa máis que recomendable, barata e cunhas cores espectaculares..
Tintes kool
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































