Eu teño un boton ton ton ...

Como cando eramos nenos e cantabamos aquelo de eu teño un botón ton ton...

e para ter onde colocalo fixen un xersei...

é un deseño de Veera por certo que é unha deseñadora da que me ides oír falar moito .... ten uns deseños preciosos...

Un bolsiño



Outra das miñas argalladas para gardar os meus aparellos de calcetar...

SOMBREIRO


Un sombreiro ben curioso...deseñado tamén pola Ysolda




Ishbel



Un patrón de Ysolda ó que lle tiña moitas ganas, a verdade é que esta muller ten uns deseños moi chulos...
A la é Holst garn unha la danesa máis que recomendable, barata e cunhas cores espectaculares..

Tintes kool


Agora deunos por tinguir la.... mercamos na rede uns sobres deste refresco americano...

fixemos a mezcla pretinente....
e despois duns minutiños no lume...
este foi o resultado....


foi unha tarde moi productiva, e gracias á inestimable axuda de Rasta.
PD: por certo o refresco sabe a raios.....

Polainas

Unhas polainas para aguantar o frío que vai ó pasear a cadeliña...
La: katia merino mix

Haruni

Este foi o último procecto do 2010 fíxeno coa la que merquei en "tejoloquehilo", merino lace en cor azul. Anque o resultado é espectacular non é un chal excesivamente complicado...