
Anney
Aquí vos traio o meu novo xersei, leva un par de semanas feito pero sen coser, é o que máis pereza me dá... sobre todo agora no verán.Está feito co algodón 100% reina, da marca catalana tricoart , é un modelo moi entretido de tecer e queda moi lucido...saqueino do twist collective unha revista on line que merece a pena coñecer..
Carpins

Patrón: Hedera by Cookie A.La: Rally de Lanas Alondra
Agullas: 2mm
Foi todo un placer tecer estes carpíns...
xersey para o verán
OBJETIVO CUMPLIDO / OBXECTIVO CUMPRIDO
Aquí están, os meus trapecios...a que son bonitiños! As teas merqueinas en el rincón de Trelly, son da colección Rural jardin, pódovos asegurar que en directo son moito máis bonitas que na foto. Agora a coser...
CITRON


O patrón está publicado no knitty de inverno e a la é unha Kauni effect- WEK.
A la ten unhas cores espectaculares pero ao igual que a NORO kureyon sock raaasca, ufff espero que lle pase o bravío cos lavados...
O primeiro día que puxen o chal que fixen coa la NORO xúrovos que estiven a tiralo, salvouse porque me gustaban moito as cores . Sen embargo agora estou contenta de non habelo tirado, foi suavizando co uso..
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





