Nas agullas

Coma sempre, ando con varios proxectos nas agullas, este chal é un deles, que dicir da lá noro que non esteña dito xa, as cores son incribles pero, fáltalle suavidade para o meu gusto, dende logo nunca faría uns calcetíns con esta lá . O patrón saqueino do ravelry (feather and fan comfort shawl) e a lá (noro kureyon socks nº188) merqueina na tenda de Ioulia. Por certo o envío foi moi rápido, non será a última vez que merque algo nesta tenda.

1 comentario:

  1. Eu merquei está la noutros tonos na mesma tenda e pensando no mesmo chal (que aínda non comecei) e opino da la o mesmiño ca ti.
    Por certo, que gustazo outro blogue en galego e con tecidos :)

    ResponderEliminar