e despois de moito calcetar xa teño un xersei novo, quedome ben curriño...
Despois de desfacer varias veces a espalda e unha vez as dianteiras, por fin o rematei!!!. Esta foi unha labor desas que se che enrevesan e non hai forma de tirar para adiante... a verdade non sei o porqué, anque non seguín ningún patrón, tiña moi claro o que quería facer..., igual foi que como era fácil de facer non me tiña gracia sen complicalo...


Vin o modelo, toquei a lá e non puiden resistir a tentación de poñerme con esta chaqueta.
Cando fun á tenda só ía mercar a madeixa que me faltaba para rematar o chaleque que estaba facendo pero,........coma sempre.....non teño remedio. Vin a revista de Katia "especial hilos básicos" que por suposto merquei, foi abrir a primeira folla e alí estaba e, o resto xa vedes como vai... case rematada. Por certo o chaleque está gardadiño na bolsa esperando a que algún día me lembre de rematalo...
A lá é Merino soft color 15 un malva rosaceo moi ñoño, todo hai que dicilo, pero é tan suaviña...
Coma sempre, ando con varios proxectos nas agullas, este chal é un deles, que dicir da lá noro que non esteña dito xa, as cores son incribles pero, fáltalle suavidade para o meu gusto, dende logo nunca faría uns calcetíns con esta lá . O patrón saqueino do ravelry (feather and fan comfort shawl) e a lá (noro kureyon socks nº188) merqueina na tenda de Ioulia. Por certo o envío foi moi rápido, non será a última vez que merque algo nesta tenda.

Este bolso fíxeno no inverno pasado,está feito con lana sherpa de Katia, as asas fíxenas eu con con coiro de potro, fai 3 anos fixen un curso no que aprendín a facer varios trenzados, entre outras cousiñas...