



unha vez apañado púxenllo ó lombo a unha persoa especial e quedaballe perfecto, non vos parece?...
Aquí vos traio o meu novo xersei, leva un par de semanas feito pero sen coser, é o que máis pereza me dá... sobre todo agora no verán.
Patrón: Hedera by Cookie A.




necesitaba unha devadoira para non ter que pelexarme coas madeixas de la que veñen sen ovillar... un tutorial en internet, uns pauiños...e aquí está

A verdade é que no intercambio trunfaron os cuellos, pero houbo gorros, bufandas e ata unhas zapatillas chulísimas. Se queredes ver máis fotos teredes que pasarvos por Ravelry ou polos blogs das asistentes porque eu, coma sempre, non fixen unha foto... Eso si, calcetei , lareteei, e remexín o que puiden nos proxectos e nas las das outras...
Ahhhh!!!!! xa me esquecía que fixemos un asalto a unha tenda de las da que non lembro o nome...
En fin, este foi o resultado dun gran día:


Este é o último xersei que estiven a facer, é o modelo Sage Blouse da deseñadora Connie Peng. Podedes atopar o patrón en Ravelry, a verdade é que dende que descubrín esta páxina estou enganchadísima. Ademáis de poder atopar patróns gratuitos coma este podes ver como quedan en diferentes tallas, lás, ... o que máis me presta é poder falar con máis xente que ten o mesmo hobbie (ou debería dicir vicio) cá min. Falando desto, temos un grupo en Ravelry de tecedoras galegas (Lerias e enredos) e vamos facer unha quedada galega o 20 de febreiro en Compostela, xa vos contarei como nos foi... Se vos interesa ir pasadevos polo noso grupo en ravelry e alí podedes informarvos de todo. Incluso Hai quedadas locais en Compostela e Lugo. En Lugo quedamos na Cova da Terra, e o próximo día que quedaremos para tecer e lerchear é o xoves 18 de febreiro a eso das 6:45 da tarde, de momento somos poucas pero... quen sabe, igual medra o grupo
e aquí está...