PRIMEIRA QUEDADA GALEGA

Onte fomos en peregrinación a Compostela, pero non a gañar o xubileo, non....

Foi a 1ª quedada do grupo Lerias e Enredos de Ravelry, pasamolo coma ananas...estivo moi ben por fin poñerlles cara ás compañeiras de vicio. Foi unha gozada pasar o día rodeada de boa xente, con las e agullas entre mans ...

No intercambio que fixemos a miña sorprendedora fíxome un cuello precioso, e super suaviño e, anque na foto non se aprecia moi ben, ten unhas cores preciosas...



A verdade é que no intercambio trunfaron os cuellos, pero houbo gorros, bufandas e ata unhas zapatillas chulísimas. Se queredes ver máis fotos teredes que pasarvos por Ravelry ou polos blogs das asistentes porque eu, coma sempre, non fixen unha foto... Eso si, calcetei , lareteei, e remexín o que puiden nos proxectos e nas las das outras...

Ahhhh!!!!! xa me esquecía que fixemos un asalto a unha tenda de las da que non lembro o nome...
En fin, este foi o resultado dun gran día:

2 comentarios:

  1. Dou fe: ¡o cuello é precioso! As fotos non lle fan xusticia ás lás. A tenda chamábase "La Casa Bonita" ¿mercaches algo? Eu teñoo prohibido ata que remate as que teño en casa, pero ó final pillei dous ovillos (e menos mal que marchei cedo)
    Bicos Tecela, encantoume coñecerte!

    ResponderEliminar
  2. Mira, eu cada vez que entro neste blog poñome morada, de envexa claro está!
    Xa estiven leendo no ravelry do ben que o pasáchedes..

    (eses calcetíns da cabeceira traenme loca)

    ResponderEliminar