

O patrón está publicado no knitty de inverno e a la é unha Kauni effect- WEK.
A la ten unhas cores espectaculares pero ao igual que a NORO kureyon sock raaasca, ufff espero que lle pase o bravío cos lavados...
O primeiro día que puxen o chal que fixen coa la NORO xúrovos que estiven a tiralo, salvouse porque me gustaban moito as cores . Sen embargo agora estou contenta de non habelo tirado, foi suavizando co uso..